A escola muncipal infantil prepara o Salmón

La Voz

A ESTRADA

cedida

10 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Un ano máis a escola municipal infantil da Estrada está desenvolvendo diferentes actividades para celebrar a Festa do Salmón. A actividade central é a que levan a cabo as familias decorando os salmóns que pintan os rapaces e rapazas na escola. Os debuxos exporánse durante toda a semana previa á festa nos escaparates dos comercios da vila grazas á colaboración coa Asociación de Comerciantes da Estrada (Acoe). Ademais, o centro tamén preparou actividades como os festexos dos maios. Tamén celebrarán de xeito especial o Día das Letras Galegas, todo previo ao gran festival que celebra a escola en xuño.