Remate das Xornadas de Exaltación do Polbo de Bueu

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

Martina Miser

05 may 2024 . Actualizado a las 11:47 h.

En colaboración coa Confraría de Pescadores San Martiño e a hostalaría da vila, o Concello de Bueu pecha este domingo as Xornadas de Exaltación do Polbo de Bueu. Os interesados aínda están a tempo de gozar de arredor dunha vintena de especialidades elaboradas polos restaurantes da vila co polbo como protagonista.

Ademais, e logo de que a Sala Amalia Domínguez Búa amosase unha exposición sobre artes de pesca do Patrón Maior, José Manuel Rosas, hoxe a Illa de Ons tamén será a protagonista, cunhas xornadas do polbo que se desenvolverán nos locais O Pirata, Casa Checho e Casa Acuña.

Estas xornadas substitúen á Festa do Polbo, que demandaba un cambio de formato.